venres, 2 de decembro de 2016

POSTAIS DECEMBRO: MULLERES DEFENSORAS DOS DEREITOS CIVILES

Este mes a Dona Leo ocurríuselle facer algo diferente: como xa non queda nada para as vacacións e parece que estamos algo cansos, non teredes que investigar.

Pero traballaredes a través do blog as figuras de mulleres tan importantes como Rosa Parks, Indira Gandhi, Clara Campoamor, Concepción Arenal, Eleanor Roosvelt ou Mary Wolstonecraft.

Se traballades ben, recibirides un novo selo no voso carnet de investigador.







Presentacións Mes da Ciencia

Ao longo domes de Novembro, o noso alumnado estivo a traballar arredor de figuras tan importantes como Marie Curie, Rosalind Franklin, Ada Lovelace, Hipatia de Alejandría o Jocelyn Bell e aquí vos deixamos o resultado.
Desexamos que vos guste!


  • Educación Infantil



  • 1º - 2º Primaria

  • 3º Primaria

  • 4º Primaria

  • 5º - 6º Primaria

xoves, 1 de decembro de 2016

Mes da Ciencia na Falconteca

Esta é unha pequena presentación das fotos feitas aos nosos alumnos con motivo da exposición sobre a vida de grandes mulleres científicas, dentro do proxecto da biblioteca "Nove mulleres en nove meses" e con motivo do Mes da Ciencia nas Bibliotecas.

mércores, 30 de novembro de 2016

Programa Mes da Ciencia

Xa chegou o momento! Desexando estamos ver as exposición de todos os nosos alumnos. E como anticipo aquí vos deixamos o programa do Día da Ciencia

xoves, 10 de novembro de 2016

Novembro: mulleres científicas

Os nosos rapaces xa recibiron as súas postais de Dona Leo e xa teñen a súa misión: investigar sobre as postais das mulleres recibidas e a finais de mes todos xuntos expoñeremos os nosos traballos.



A distribución por aulas é a seguinte:
  • E.I.: Marie Curie
  • 1º/ 2º: Hipatia de Alexandría
  • 3º E. P: Rosalind Franklin
  • 4º E.P.: Ada Lovelace
  • 5º / 6º: Jocelyn Bell





mércores, 9 de novembro de 2016

Comezamos....

Nesta avaliación inicial, pretendemos comprobar cales son os coñecementos previos do noso alumnado ao respecto das mulleres que imos a traballar ao longo do proxecto.



martes, 8 de novembro de 2016

Presentación do Proxecto "Nove mulleres en nove meses"

Con motivo da conmemoración do Día das Bibliotecas o pasado 24 de Outubro, o Equipo da Biblioteca publicou un vídeo de presentación do proxecto que imos a desenvolver ao longo de todo o curso.
Co título "Nove mulleres en nove meses" aproveitaremos para que o noso alumnado traballe arredo de 47 mulleres célebres na historia e en distintos campos do saber.