martes, 28 de febreiro de 2017

PROGRAMA MULLERES PIONEIRAS

Despois de tanto traballo, chega o momento de que nos contedes todo o que aprendíchedes desta marabillosas mulleres. No programa vos deixamos a orde e a hora de exposición de cada grupo.
 

venres, 3 de febreiro de 2017

FEBREIRO: GUÍA SOBRE AS MULLERES PIONEIRAS

Esta é unha pequena guía sobre as mulleres pioneiras que ides a traballar, con información básica e algúns enlaces que poderedes empregar para comezar os vosos traballos.

Moito ánimo e xa estamos desexando ver os vosos traballos!



xoves, 2 de febreiro de 2017

POSTAIS MULLERES PIONEIRAS

Un novo mes e un novo reto!

Dona Leo está interesada en coñecer a grandes mulleres pioneiras, mulleres que fosen as primeiras no seu campo de traballo. Así que propón que vos volvades a converter en pequenos investigadores e investigadoras e lle presentedes os vosos traballos sobre as seguintes mulleres:

  • Dian Fossey (primatóloga): E.I. (3- 4 anos), 3º E. P.
  • Amelia Earhart (1ª muller aviadora): E.I. 5 anos
  • Valentina Tereshkova (1ª muller astronauta): 1º - 2º E. P.
  • Katrine Switzer (1ª muller en correr unha maratón con dorsal): 4º E. P.
  • Teresa de Filippis (1ª muller piloto de F1): 5º  - 6º E. P.
  • Sofía Ionescu (1ª muller neurocirurxán): 5º - 6º E. P.













mércores, 1 de febreiro de 2017

MULLERES PREMIOS NOBEL DA PAZ: MURAIS

Dona Leo está encantada con todo o voso traballo: exposicións, murais, traballos manuais....

Noraboa, investigadores!


Vídeos da Presentación: Mulleres pola Paz

Aquí vos deixamos os vídeos das presentacións realizadas polo noso alumnado sobre seis mulleres gañadoras do Premio Nobel da Paz: Malala, Tawakkul Karman, Rigoberta Menchú, Ellen Jhonson Sirleaf, Leymah Gbowee e Jodie Williams. Estas presentacións pertencen o proxecto Nove mulleres en nove meses promovido polo Equipo da Biblioteca e que na que participan todos os alumnos e alumnas do centro xunto cos seus mestres.


  • A historia de Malala: Educación Infantil


  • Descubrindo a Tawakkul Karman: 1º e 2º de Educación Primaria
  • Quen foi Rigoberta Menchú: 3º de Educación Primaria
  • Ellen Jhonson Sirleaf e Leymah Gbowee: 4º de Educación Primaria
  • Jodie Williams e as minas antipersoa: 5º e 6º de Educación Primaria