venres, 5 de maio de 2017

Guía de información basica sobre mulleres galegas relevantes

Aquí vos deixamos unha guía coa información básica sobre as mulleres que ides a traballar e algúns enlaces que poden ser de voso interese para atopar infomación para os vosos traballos.


mércores, 3 de maio de 2017

POSTAIS MES DE MAIO

Parece que foi onte cando comezamos con este proxecto e xa estamos a piques de rematar!

Dona Leo pasouse esta semana polas aulas para deixar a derradeira postal, neste caso, invitando ao noso alumnado a profundizar na figura de mulleres galegas tan importantes como Rosalía, Sofía Casanova, Emilia Pardo Bazán, María Pita, María Barbeito ou Maruja Mallo.

Xa estamos desexando ver os vosos traballos!












luns, 17 de abril de 2017

Abril: Mes das mulleres na literatura

Como xa sabedes, durante o mes de abril, máis concretamente o día 23, celebramos o Día do Libro que conmemora a data de falecemento, no ano  1616, de escritores tan importantes como Garcilaso, Shakespeare ou Cervantes.

Pero ao longo da historia, tamén houbo e hai grandes mulleres da Literatura e que ás veces non son tan coñecidas. Así pois ao longo deste mes, traballaredes a grandes escritoras como Mary Shelley, Alice Munro, Gabriela Mistral, Virginia Woolf e Agatha Christie a través de diferentes actividades.

Aquí vos deixamos un caderniño coas actividades a realizar.


venres, 3 de marzo de 2017

POSTAIS MULLERES DE MARZO

Como noutras ocasións,vides de recibir unha postal no voso buzón coa imaxe da muller sobre a que tedes que traballar ao longo deste mes. Moito ánimo e xa sabedes que dona Leo espera as vosas presentacións a finais de mes.












A distribución das mulleres queda da seguinte maneira:

  • María Montessori:  Aula de 3 - 4  anos
  • Coco Chanel: Aula de 5 anos
  • Cleopatra: 1º e 2º de Primaria
  • Frida Kahlo: 3º (coa súa titora) e 5º/6º de Primaria (na área de Inglés)
  • Ana Frank: 4º de Primaria
  • Aretha Franklin: 5º - 6º de Primaria (na área de Música)

xoves, 2 de marzo de 2017

GUÍA DE MARZO: MULLERES RELEVANTES DA HISTORIA

Aquí vos deixamos a guía cunha pequena biografia e enlaces de interese das mulleres que imos a traballar ao longo deste mes

mércores, 1 de marzo de 2017

PRESENTACIÓNS SOBRE AS MULLERES PIONEIRAS

Dona Leo está encantada despois de ver todos os vosos traballos e quere agradecervos o esforzo de darlle a coñecer a estas grandes mulleres. Aquí vos deixamos os vídeos das vosas presentacións para que poidades ver todas as veces que queirades o voso traballo e o dos vosos compañeiros.

  • Ed. Infantil 3 - 4 anos: Quen é Digit?
  • Ed. Infantil 5 anos: Voamos con Amelia Earhart
  • 1º - 2º E. P.: Ao espazo con Valentina Tereshkova
  • 3º E. P.: Na selva con Dian Fossey
  • 4º E. P.: Corremos con Katrine Switzer
  • 5º  - 6º E. P.: Nun Fórmula 1 con María Teresa de Filippis

  • 5º - 6º E. P.: Quen é Sofía Ionescu?