Como xa sabedes, durante o mes de abril, máis concretamente o día 23, celebramos o Día do Libro que conmemora a data de falecemento, no ano 1616, de escritores tan importantes como Garcilaso, Shakespeare ou Cervantes.
Pero ao longo da historia, tamén houbo e hai grandes mulleres da Literatura e que ás veces non son tan coñecidas. Así pois ao longo deste mes, traballaredes a grandes escritoras como Mary Shelley, Alice Munro, Gabriela Mistral, Virginia Woolf e Agatha Christie a través de diferentes actividades.
Aquí vos deixamos un caderniño coas actividades a realizar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario