Aquí vos deixamos unha guía coa información básica sobre as mulleres que ides a traballar e algúns enlaces que poden ser de voso interese para atopar infomación para os vosos traballos.
venres, 5 de maio de 2017
mércores, 3 de maio de 2017
POSTAIS MES DE MAIO
Parece que foi onte cando comezamos con este proxecto e xa estamos a piques de rematar!
Dona Leo pasouse esta semana polas aulas para deixar a derradeira postal, neste caso, invitando ao noso alumnado a profundizar na figura de mulleres galegas tan importantes como Rosalía, Sofía Casanova, Emilia Pardo Bazán, María Pita, María Barbeito ou Maruja Mallo.
Xa estamos desexando ver os vosos traballos!
luns, 17 de abril de 2017
Abril: Mes das mulleres na literatura
Como xa sabedes, durante o mes de abril, máis concretamente o día 23, celebramos o Día do Libro que conmemora a data de falecemento, no ano 1616, de escritores tan importantes como Garcilaso, Shakespeare ou Cervantes.
Pero ao longo da historia, tamén houbo e hai grandes mulleres da Literatura e que ás veces non son tan coñecidas. Así pois ao longo deste mes, traballaredes a grandes escritoras como Mary Shelley, Alice Munro, Gabriela Mistral, Virginia Woolf e Agatha Christie a través de diferentes actividades.
Aquí vos deixamos un caderniño coas actividades a realizar.
xoves, 6 de abril de 2017
PROGRAMA MES DE MARZO
Este é o programa da xornada de presentacións sobre as mulleres máis relevantes da historia.
venres, 3 de marzo de 2017
POSTAIS MULLERES DE MARZO
Como noutras ocasións,vides de recibir unha postal no voso buzón coa imaxe da muller sobre a que tedes que traballar ao longo deste mes. Moito ánimo e xa sabedes que dona Leo espera as vosas presentacións a finais de mes.
A distribución das mulleres queda da seguinte maneira:
A distribución das mulleres queda da seguinte maneira:
- María Montessori: Aula de 3 - 4 anos
- Coco Chanel: Aula de 5 anos
- Cleopatra: 1º e 2º de Primaria
- Frida Kahlo: 3º (coa súa titora) e 5º/6º de Primaria (na área de Inglés)
- Ana Frank: 4º de Primaria
- Aretha Franklin: 5º - 6º de Primaria (na área de Música)
xoves, 2 de marzo de 2017
GUÍA DE MARZO: MULLERES RELEVANTES DA HISTORIA
Aquí vos deixamos a guía cunha pequena biografia e enlaces de interese das mulleres que imos a traballar ao longo deste mes
mércores, 1 de marzo de 2017
PRESENTACIÓNS SOBRE AS MULLERES PIONEIRAS
Dona Leo está encantada despois de ver todos os vosos traballos e quere agradecervos o esforzo de darlle a coñecer a estas grandes mulleres. Aquí vos deixamos os vídeos das vosas presentacións para que poidades ver todas as veces que queirades o voso traballo e o dos vosos compañeiros.
- Ed. Infantil 3 - 4 anos: Quen é Digit?
- Ed. Infantil 5 anos: Voamos con Amelia Earhart
- 1º - 2º E. P.: Ao espazo con Valentina Tereshkova
- 3º E. P.: Na selva con Dian Fossey
- 4º E. P.: Corremos con Katrine Switzer
- 5º - 6º E. P.: Nun Fórmula 1 con María Teresa de Filippis
- 5º - 6º E. P.: Quen é Sofía Ionescu?
martes, 28 de febreiro de 2017
PROGRAMA MULLERES PIONEIRAS
Despois de tanto traballo, chega o momento de que nos contedes todo o que aprendíchedes desta marabillosas mulleres. No programa vos deixamos a orde e a hora de exposición de cada grupo.
venres, 3 de febreiro de 2017
FEBREIRO: GUÍA SOBRE AS MULLERES PIONEIRAS
Esta é unha pequena guía sobre as mulleres pioneiras que ides a traballar, con información básica e algúns enlaces que poderedes empregar para comezar os vosos traballos.
Moito ánimo e xa estamos desexando ver os vosos traballos!
xoves, 2 de febreiro de 2017
POSTAIS MULLERES PIONEIRAS
Un novo mes e un novo reto!
Dona Leo está interesada en coñecer a grandes mulleres pioneiras, mulleres que fosen as primeiras no seu campo de traballo. Así que propón que vos volvades a converter en pequenos investigadores e investigadoras e lle presentedes os vosos traballos sobre as seguintes mulleres:
- Dian Fossey (primatóloga): E.I. (3- 4 anos), 3º E. P.
- Amelia Earhart (1ª muller aviadora): E.I. 5 anos
- Valentina Tereshkova (1ª muller astronauta): 1º - 2º E. P.
- Katrine Switzer (1ª muller en correr unha maratón con dorsal): 4º E. P.
- Teresa de Filippis (1ª muller piloto de F1): 5º - 6º E. P.
- Sofía Ionescu (1ª muller neurocirurxán): 5º - 6º E. P.
mércores, 1 de febreiro de 2017
MULLERES PREMIOS NOBEL DA PAZ: MURAIS
Dona Leo está encantada con todo o voso traballo: exposicións, murais, traballos manuais....
Noraboa, investigadores!
Noraboa, investigadores!
Vídeos da Presentación: Mulleres pola Paz
Aquí vos deixamos os vídeos das presentacións realizadas polo noso alumnado sobre seis mulleres gañadoras do Premio Nobel da Paz: Malala, Tawakkul Karman, Rigoberta Menchú, Ellen Jhonson Sirleaf, Leymah Gbowee e Jodie Williams. Estas presentacións pertencen o proxecto Nove mulleres en nove meses promovido polo Equipo da Biblioteca e que na que participan todos os alumnos e alumnas do centro xunto cos seus mestres.
- A historia de Malala: Educación Infantil
- Descubrindo a Tawakkul Karman: 1º e 2º de Educación Primaria
- Quen foi Rigoberta Menchú: 3º de Educación Primaria
- Ellen Jhonson Sirleaf e Leymah Gbowee: 4º de Educación Primaria
- Jodie Williams e as minas antipersoa: 5º e 6º de Educación Primaria
martes, 31 de xaneiro de 2017
Programa Mes da Paz
Durante o mes de Xaneiro, os nosos alumnos e alumnas estiveron investigando sobre algunhas mulleres gañadoras do Premio Nobel da Paz como Malala, Tawakkul Karman, Rigoberta Menchú, Ellen Jhonson, Leymah Gbowee ou Jodie Williams.
Aquí vos deixamos a orde na presentación dos traballos do noso alumnado.
martes, 10 de xaneiro de 2017
POSTAIS DE XANEIRO: MULLERES PREMIOS NOBEL DA PAZ
Despois dunhas merecidas vacacións, voltamos con forzas renovadas e Dona Leo xa nos ten preparado un novo reto.
Teredes que investigar a mulleres gañadoras do Premio Nobel da Paz:
Dona Leo xa está a repartir as postais polas vosas aulas. Estade atentos!
Teredes que investigar a mulleres gañadoras do Premio Nobel da Paz:
- Malala: E. I.
- Tawakkul Karman: 1º - 2º E. P.
- Rigoberta Menchú: 3º E. P.
- Ellen Jhonson . Sirleaf e Leymah Gbowee: 4º E. P.
- Jodie Williams: 5º - 6º E. P.
Dona Leo xa está a repartir as postais polas vosas aulas. Estade atentos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)